CRTVG

Buscar

Lesmes defende a independencia da xustiza na toma de posesión do novo presidente do TSXG

Publicado o 20/09/2019 16:01

Este mediodía tomou posesión do seu cargo o novo presidente do Alto Tribunal galego. José María Gómez y Díaz-Castroverde foi nomeado o pasado mes de xullo polo pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial, despois de xubilarse o seu antecesor, Miguel Ángel Cadenas.

A toma de posesión de estivo presidida polo presidente do Tribunal Supremo e do Consello Xeral do Poder Xudicial, Carlos Lesmes, quen durante o acto amosou o seu compromiso na defensa dos valores do estado de Dereito.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/09/2019