CRTVG

Buscar

Lezkano quere forzar o Barça a ter un mal día; O Obra visita Fuenlabrada sen De Zeew

Publicado o 10/01/2019 20:45

O Obradoiro abre a xornada o sábado ante o Fuenlabrada. Os do sur de Madrid ocupan posto de descenso, cunha vitoria menos que os de Moncho Fernández, quen aposta por controlar o ritmo desde a defensa para poder levar o partido.

Moncho Fernández: "Controlar as primeiras ondadas do ataque fuenlabreño, e logo en media pista o un contra un vai ser fundamental, porque teñen moi bos xogadores no perímetro capaces de anotar, de xerar para os compañeiros, e creo que por aí irán todas as claves do partido".

O Breo prepara a visita ao Palau, no partido que pechará esta xornada, onde agarda un Barça líder, que conta só dúas derrotas no que vai de liga. Despois das últimas catro vitorias consecutivas os de Lezkano xogarán sen presión, buscando forzar os erros do Barcelona para poder traer a vitoria.

Natxo Lezkano, adestrador do Cafés Candelas Breogán: "Facer que eles xoguen mal, non esperar a que xoguen mal senón poñer todo da nosa parte para que teñan un mal día. Porque se eles teñen un bo día e nós temos un bo día imos perder de 20. Hai que intentar que teñan ese mal día, pero forzándoos nós a que o teñan, e logo nós ter moito acerto e cometer moi poucos erros".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2019