Les Luthiers reciben con emoción o Premio Princesa de Asturias
O grupo arxentino asegura recibir este galardón con moita alegría da que consideran a súa outra patria, España
O grupo humorista arxentino Les Luthiers é o novo premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades 2017. Unha distinción que aseguran recibir con moita emoción da que consideran a súa outra patria, España.
Levaban tempo nas quinielas e finalmente o grupo cómico musical arxentino Les Luthiers gañou o Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades 2017.
O xurado elixiunos entre 28 candidaturas por actuar como un espello crítico da sociedade contemporánea e un dos principais difusores da cultura iberoamericana no mundo.
Esta distinción chégalles xusto cando o sexteto humorístico fai medio século nos escenarios e Les Luthiers din que se senten moi emocionados por recibir este premio da súa segunda patria.
Con máis de 30 espectáculos ás súas costas, o seu traballo destaca por encandear milleiros de persoas de todas as xeracións polo seu orixinal tratamento da linguaxe e dos instrumentos.
En outubro recibirán da man do rei Filipe VI a estatua de Joan Miró, símbolo deste premio que os fará entrar para sempre na historia dun dos galardóns máis importantes do mundo despois dos Nobel.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí