CRTVG

Buscar

Ler a prensa no bar, un pracer permitido

Publicado o 02/06/2020 15:29

Prensa no bar si, prensa no bar non. Entramos nun bar.

"O xornal témolo nós. Se vén o cliente e nolo pide, dámosllo nós. Pero sempre nos aseguramos de que cada persoa use o xel antes de collelo. Así e todo, é moi poca xente a que che pide o xornal".

Entramos noutro bar. "A min non me parece hixiénico, eu non o poría. Pero todos che din que xa o teñen, pois eu tamén o puxen. Non hai nada que o prohiba".

Enténdese que está permitido porque no BOE non aparece mención ningunha a xornais e revistas. E a Organización Mundial da Saúde di que o risco é "insignificante".

"Non está demostrado que compartir xornais nos bares ou revistas nos salóns de peiteado vaia transmitir a enfermidade", indica o epidemiólogo Juan Gestal.

Pero son moitos os bares que seguen evitando os xornais. "Como tampouco están os panos de mesa nin as cartas de papel".

E apunta Gestal: "O non dispoñer de panos de mesa nas cafeterías é unha medida esaxerada".

Así está falando a ciencia, pero as dúbidas continúan entre os clientes.

"O que non podes facer é mollar o dedo e pasar a folla".

Esa palabra máxica, sentidiño.

Noticias web

02/06/2020