CRTVG

Buscar

Leopoldo López agarda que "España estea do lado correcto da historia"

Publicado o 16/07/2021 16:32

A oposición venezolana mira con atención os acontecementos de Cuba. O líder de Voluntad Popular, Leopoldo López, cre que o que acontece na illa vai afectar Venezuela. López compareceu en Madrid para denunciar a escalada da represión do réxime de Nicolás Maduro. Pediu que España estea no lado correcto da historia e que lidere o proceso para que se poidan celebrar no país unhas eleccións libres e verificables. Tamén criticou os que, como líderes de Podemos, consideran que Cuba non é unha ditadura. 

Noticias web

16/07/2021