CRTVG

Buscar

Leopoldo López abandona a embaixada de España en Venezuela

Publicado o 24/10/2020 21:35

Levaba alí como hóspede desde o 30 de abril de 2019, cando intentou xunto a Juan Guaidó un levantamento cívico militar. Agora vai xa camiño de Bogotá, onde podería pasar uns días. A súa intención é viaxar cara a España, segundo dixo seu pai. Quere facer unha xira internacional para denunciar as eleccións parlamentarias, convocadas por Nicolas Maduro para o 6 de decembro, uns comicios que, segundo a oposición, son unha fraude.

Noticias web

24/10/2020