CRTVG

Buscar

A Princesa Leonor asistirá por primeira vez a entrega dos Premios Princesa de Asturias

Publicado o 14/06/2019 19:00

A princesa Leonor fixo a súa primeira viaxe oficial a Asturias en setembro para visitar a basílica de Covandonga e os Picos de Europa. En outubro asistirá por primeira vez en Oviedo a entrega dos Premios Príncesa de Asturias. Pero non está claro se intervirá na cerimonia como fixera o seu pai en 1981. Daquela o entón príncipe Filipe tiña 13 anos, a mesma idade coa que a súa filla se vai estrear neste acontecemento.

A herdeira da coroa tamén asistirá por primeira vez en novembro en Barcelona á entrega dos Premios Princesa de Girona. Será a primeira vez que visite Cataluña.

A participación nestes dous actos de gran carga simbólica apuntan a unha progresiva incorporación da princesa Leonor á vida institucional.

A primoxénita dos reis estivo ata agora en contados actos públicos e só interveu na lectura dun artigo da Constitución no 40 aniversario da Carta Magna. A próxima semana vai participar nos actos polo Vº aniversario da proclamación de Filipe VI.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/06/2019