CRTVG

Buscar

Leo, o can guía que lle cambiou a vida ao seu dono, Alejandro

Publicado o 30/04/2021 14:42

Cando Alejandro tiña só 14 anos perdeu a vista. Agora ten 19 e vive en Ourense, onde estuda e se prepara para a súa gran paixón e sempre compañado de Leo, o seu can guía, que dende que chegou hai 3 anos sendo un cachorriño cambioulle a vida por completo. 

Alejandro e Leo son un, compárteno todo, pero aínda se seguen atopando con moitas difícultades para poder gozar da vida coma os demais. Pero as barreiras non só as atopa no día a día, tamén se enfronta a elas para cumprir o seu soño. 

A pesar dos prexuízos, Alejandro segue loitando para superar eses obstáculos e dedicarse ao que máis lle gusta: actuar.