CRTVG

Buscar

Lendoiro está seguro de que Abanca acabará sendo o propietario do Deportivo

Publicado o 05/06/2020 17:37

O home que levou o Dépor ao seu primeiro título de liga. O mesmo home que trinta anos atrás convertía o Deportivo en sociedade anónima deportiva, contra a súa vontade, por imperativo legal, e que acabou atomizando ata os 23.000 accionistas o capital do club para evitar que alguén quedara con el, hoxe pensa que o club pode venderse.

Lendoiro pide diálogo para confrontar as cifras diverxentes sobre a débeda do Deportivo que o conselleiro Miguel Otero cuestiona contra o criterio do consello de administración ao que pertence. O ex-presidente defende o papel de Otero e dá por feito que o Deportivo será propiedade de Abanca máis pronto que tarde.

O ex-presidente do Deportivo séntese libre opinando. Nega maquinar á sombra de Miguel Otero e desfruta dos recordos dun pasado que, no futbolístico, renxe para el moi ao xeito co paso do tempo.

Noticias web

05/06/2020