CRTVG

Buscar

Lendoiro cualifica como xogo sucio a estratexia do Consello do Deportivo

Publicado o 20/03/2017 21:09

Esta tarde o ex-presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, rompeu o seu silencio para dar a súa opinión sobre a sentenza do Tribunal Supremo

Esta tarde o ex-presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, rompeu o seu silencio para dar a súa opinión sobre a sentenza do Tribunal Supremo e a interpretación da mesma por parte do consello de administración do Deportivo.

Nun comunicado de sete puntos, Lendoiro sae ao paso do que el cualifica como falsidades. Asegura que o club realizou alegacións que prexudicaron as posibilidades de éxito.

Lendoiro cualifica como xogo sucio e improcedente a estratexia do actual consello de administración e denuncia que o equipo liderado por Tino Fernández trata de facelo responsable do que el considera un fracaso xudicial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2017