CRTVG

Buscar

Lembran a chegada dos restos do apóstolo Santiago no século I por mar

Publicado o 21/07/2019 20:53

O presidente da Fundación Ruta Xacobea mar de Arousa e Ulla explica aos peregrinos náuticos, no porto de Tragove, en Cambados, que esta tarde conmemorarán a viaxe que Teodoro e Atanasio, discípulos de Santiago, fixeron no século I cando trouxeron os restos mortais do Apóstolo desde Palestina ata Iria Flavia, hoxe Padrón. Entraron por o mar de Arousa e remontaron o río Ulla Javier Sánchez Agustino, presidente da Fundación Ruta Xacobea mar de Arousa e Ulla.

"Son peregrinos marítimos que van vivir a ruta como a eles lles pareza desde un punto de vista espiritual, desde un punto de vista festivo, desde un punto de vista cultural, patrimonial", Dolores Vázquez, peregrina náutica.

"Máis por unha certa espiritualidade e unha certa cultura, esas cousas nosas foron as que fixeron a nosa patria", Benito Charlín, peregrino náutico. "E vou ir, xa hai moitos anos que non entro nunha igrexa, e vou ir á igrexa de Padrón, din que alí está a pedra onde amarrou a barca do Apóstolo".

Javier Sánchez Agustino, presidente da Fundación Ruta Xacobea Mar de Arousa e Ulla: "Altavoces de transmisión de transferir este legado e riqueza da ría de Arousa e do río Ulla".

O Camiño de Santiago identifícanos e fainos singulares. A pé os camiñantes pasan por 122 concellos. Por mar chegan a 22. Esta ruta é pois a primixenia, a orixe do camiño de Santiago. Sen restos do Apóstolo non habería peregrinacións hoxe.

Nava Castro, directora de Turismo de Galicia: "E que a partir de entón milleiros de peregrinos viñeron a través desa ruta, e apartir de aí foise visitando ese corpo do Apóstolo, xurdiu o Camiño, a catedral de Santiago de Compostela...".

Dous catamaráns partían de Cambados e ao tempo doutros portos da ría como Vilagarcía ou a Pobra. En total 600 peregrinos chegaron a onde o fixeron os restos do Apóstolo naquela derradeira singradura, ao municipio romano de Tito Flavio, Iria Flavia, hoxe Padrón.

Noticias web

21/07/2019