CRTVG

Buscar

Lembran a Castelao no seu 70 cabodano

Publicado o 07/01/2020 21:24

Hoxe celébrase o 70 aniversario do pasamento de Alfonso Rodríguez Castelao, que faleceu o sete de xaneiro de 1950 no seu exilio de Bos Aires. Con este motivo, realizouse unha ofrenda floral diante da tumba do escritor, debuxante e galeguista no Panteón de Galegos Ilustres, na igrexa compostelá de San Domingos de Bonaval.

Esta homenaxe, á que asistiron distintos persoeiros do mundo da política e da cultura, rematou coa interpretación do himno galego.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/01/2020