CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Lembramos o escritor cubano Reinaldo Arenas, que morría un 7 de decembro do ano 1990

Publicado o 07/12/2017 17:16

Era Javier Bardem poñéndolle cara e voz a Reinaldo Arenas no filme Antes que anochezca, dirixido por Julian Schnabel no ano 2000. Esta adaptación ao cine da súa autobiografía póstuma é un dun dos seus títulos máis coñecidos, pero o que o colocou a Arenas como un dos referentes do boom latinoamericano dos anos 60 foi El mundo alucinante.

Unha novela de aventuras, coa fábula e o misticismo, que semella representar o futuro do seu autor, un camiño de disidencia e persecución na Cuba de Castro que o enviou ao cárcere.

Arenas perseguido, por intelectual e por homosexual, por disidente. Morría un 7 de decembro do ano 1990 en Nova York, dez anos despois de escapar de Cuba. E na nota de despedida, escribía "Cuba será libre. Yo ya lo soy".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Zigzag Diario

07/12/2017