CRTVG

Buscar

Leiceaga e Caballero oficializan o acordo polo que Leiceaga retira a súa candidatura ás primarias

Publicado o 02/10/2017 15:33

Gonzalo Caballero e Xoaquín Fernández Leiceaga oficializan o pacto polo que Leiceaga se retira da carreira á Secretaría Xeral. Xustifican a súa alianza na necesidade de fortalecer o partido e romper co protagonismo das baronías no PSdeG. Caballero competirá con Villoslada, que atribúe o acordo a prácticas da vella garda socialista.

Gonzalo Caballero e Xoaquín Fernández Leiceaga irán da man nas primarias do PSdeG. O voceiro parlamentario retírase da carreira pola Secretaría Xeral despois de chegar a un acordo co candidato vigués, que obtivo máis avais. Unha aposta, din, pola renovación, a integración da militancia e o fortalecemento do partido. 

Caballero competirá con Juan Díaz Villoslada, ao que sitúa como o candidato dos baróns. O deputado atribúe a alianza ás prácticas da vella garda socialista.
A votación dos militantes será o oito de outubro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/10/2017