CRTVG

Buscar

É legal non levar os nenos á clase por medo á covid-19?

Publicado o 25/08/2020 20:56

A preocupación de pais e nais polo medo aos contaxios sería un motivo para poderen non levar os nenos e as nenas ao colexio? Os pais teñen que levar os fillos ao colexio ata os 16 anos. O medo á Covid-19 non é unha xustificación válida. 

E se se decide non escolarizalos, que consecuencias legais tería? Un expediente podería acabar na Fiscalía de Menores.

Mentres nos centros escolares traballan para adaptar as instalacións ao protocolo xa Xunta, pendentes de novas modificacións e consientes das incertezas e a preocupación.

Este días vai haber xuntanzas técnicas tanto na Xunta de Galicia, que ten a competencia en materia de Educación, como entre os conselleiros das comunidades autónomas co Ministro de Sanidade para tratar de aclarar como vai ser se a volta ao colexio en setembro.

Noticias web

25/08/2020