Ledo, autor da mellor parada da Asobal, seguirá no Bidasoa, xogará en Europa e soña coa selección
Publicado o 23/06/2020 16:34
Esta mañá visitamos en Lalín a Xoán Ledo. O porteiro galego do Lalín está nas portadas. A ASOBAL acaba de anunciar que unha parada de Ledo en Logroño foi a mellor intervención da temporada, temporada recortada polo coronavirus.
Ledo está encantado co agasallo público, aínda que cre que outras paradas súas tamén mereceron o premio. De feito, a segunda parada elixida pertencía ao seu haber. Ledo seguirá no Bidasoa, xogará en Europa e soña con xogar na selección. Se pode coincidir con Rodrigo Corrales, mellor.