Ledicia en Lugo por deixar atrás o nivel alto e reactivar a hostalería e o lecer nocturno
A cidade de Lugo amence con boas noticias. É un dos concellos galegos que sae do nivel alto. Mellora a situación sanitaria e hai cambios para a hostalería. O máis destacado son as terrazas. Xa non haberá mesas precintadas e sen uso, dado que se recupera o cen por cento da ocupación.
Os cambios entrarán en vigor o sábado, pero polo momento non muda a cousa no que se refire, por exemplo, aos banquetes. As mesas serán de 6 comensais en interiores e 10 en exteriores e o peche mantense á unha da mañá, polo que moitos eventos adiántanse para desfrutar máis da xornada.
Os que máis notaran o cambio son os negocios de ocio nocturno. Reabren o interior ata agora pechado e gañan 2 horas ata as 3 da mañá porque ata o de agora vían como os clientes marchaban a outros concellos próximos.
Tanto no ámbito público como no privado as reunións de non convivintes tamén gañan dúas horas e pasarán a estar permitidas ata as 3 da mañá.