CRTVG

Buscar

Ledicia Costas preséntanos 'Infamia': "Foi duro de escribir e houbo momentos de desangrarme psicoloxicamente"

Publicado o 26/06/2019 10:39

Moitos días nos informativos temos noticias sobreviolencia contra as mulleres ealgúns casos teñenunha gran transcendencia, marcando un antes e un despois, como o caso da Manada. Outros, desgraciadamente, contribúen a aumentar tráxicas listaxes. Se cadra por iso, pola perenne presenza dese contexto, non debe estrañarnos o gran éxito de 'Infamia', a nova novela de Ledicia Costas, enmarcada no contexto de violencia contra as mulleres.

A súa protagonista é Emma Cruz, unha avogada en que “ás veces se filtran pensamentos da autora, iso é inevitable”, indica Ledicia, quen ela mesma tamén o foi antes dedicarse por enteiro á escritura.

“Hai moitos anos, marcoume moi especialmente o caso de Marta del Castillo, que, ademais, acaba de facer 10 anos do asasinato, e, o feito de que eses pais non puidesen soterrar o corpo da súa filla, quedoume moi gravado para describir unha historia dunha desaparición sen cadávares”, explica a escritora.

"Para documentarme recorrín a un manual de Penal que empregaba cando estudaba Dereito e levei sorpresas moi desagradables, na liña do que sucedeu, por exemplo, coa sentenza en primeira instancia do caso da Manada", dicía Ledicia. No caso da Manada, Costas di que "o Supremo coloca as cousas no seu sitio e retira o foco da vítima para poñelo nos agresores".

"Eu son escritora de profesión, abandonei o Dereito pola escritura, e son unha escritora implicada na sociedade en que vivo, e creo que debo describir e os meus libros poden contribuír ao relato social, e recoñezo que me acabei enganchando á propia historia", conta a novelista.

"Foi duro de escribir, e houbo momentos de desangrarme psicoloxicamente falando, pero tamén creo que é impresdincible ter ese nivel de implicación para que a historia sexa honesta, crible", afirma.

"Foi complicada de construií, pero quería que por enriba de todo a historia tivese un pouso de humanidade", explica Ledicia Costas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/06/2019