CRTVG

Buscar

Lección táctica de Pesic na malleira do Barcelona ao Madrid

Publicado o 29/12/2019 21:19

A arañeira táctica deseñada por Pesic atrapou o Real Madrid. A defensa intensa, abafante dos culés provocou unha morea de perdas de balón brancas, 22 en total, 7 no primeiro cuarto. E esas sete pelotas perdidas traducíronse nun 22-5 ao final do primeiro cuarto. Ademais, o tiro de tres, a principal arma branca nun funcionou, xusto o contrario que este rapaz, que levou un premio por anotar dende o centro do campo ao final dos primeiros dez minutos.

Semella que os de Laso tomaron nota porque melloraron no segundo cuarto no lanzamento exterior: 2 de 4. Nos últimos tres minutos antes do descanso, engancharon un parcial de 4-13 para marcharen ao descanso 12 abaixo.

O paso polos vestiarios sentoulles ben e colocáronse a sete. Aí volveu aparecer Mirotic, o máximo anotador do partido e con oito puntos case consecutivos devolveu os 17 a prol do Barça antes dos derradeiros dez minutos. 4-10 de saída para os brancos e tempo morto de Pesic para evitar problemas. A partir de aí, volveron controlar o ritmo do encontro, xogouse sempre como marcou o Barcelona e, ademais, masacrou o Madrid coa súa especialidade: a tripla: 4 de 21, 19% para os madridistas; 10 de 20, 50% para o Barcelona.

Primeiro triunfo nun clásico para Mirotic, 20 puntos, 6 rebotes, marchou ovacionado e triplo empate na cabeza da liga regular entre o Madrid, o Barça e o Zaragoza, pero cun triunfo por 20 para o Barcelona: 83-63.

Noticias web

29/12/2019