CRTVG

Buscar

Lea entre 'okupas' en Lugo: un mozo córtalle as xemas dos dedos a outro cun coitelo

Publicado o 18/08/2021 13:21
Lea entre 'okupas' en Lugo: un mozo córtalle as xemas dos dedos a outro cun coitelo

En Lugo, unha lea entre varios ocupantes ilegais remata con dous detidos e un ferido. O mozo ferido acusa un dos detidos de cortarlle as xemas dos dedos cun coitelo. O ferido é un dos catro rapaces que dende hai un ano ocupaban ilegalmente a vivenda en que acolleron os dous detidos, que son irmáns, porque vivían na rúa. Pero coa chegada dos novos inquilinos comezaron os problemas, ruídos e roubos no barrio. A lea desatouse cando lles pediron que marchasen.

Noticias web

18/08/2021