CRTVG

Buscar

Lea entre deputados chavistas e opositores na Asemblea Nacional tras a intervención de dous políticos do PP

Publicado o 26/11/2019 21:07

Lea entre deputados chavistas e da oposición na Asemblea Nacional de Venezuela tras a intervención de dous políticos españois do PP, o senador Javier Maroto e o deputado Juan Ignacio Echániz. Os dous políticos mostraron o seu apoio a Juan Guaidó e condenaron o réxime de Nicolás Maduro. Echániz acabou a súa intervención condenando os insultos que intercambiaban os deputados chavistas e a oposición.

Juan Ignacio Echániz, deputado do PP: "Isto, queridas amigas e amigos, é o que nunca se ve nun parlamento democrático en ningún lugar do mundo, porque o parlamento é a casa da palabra, onde todo o mundo pode ter a posibilidade de expresar os seus pensamentos e as súas crenzas".

Noticias web

26/11/2019