CRTVG

Buscar

Lázaro, o primeiro becerro de España en cadeira de rodas, vive en Santiago

Publicado o 14/06/2019 13:17

Un becerro de 2 meses que sofre graves danos neurolóxicos que lle impiden poñerse en pé por si mesmo pode agora desprazarse con axuda grazas a unha cadeira de rodas adaptada e unha estrutura metálica con arnés que lle fabricaron no refuxio de Santiago que o acolleu. Lázaro, que así se chama o becerro, convive con outros 200 animais.

Chámase Lázaro e naceu hai dous meses nunha explotación gandeira do Grove. Unha rara patoloxía, aínda sen diagnosticar, causoulle danos neurolóxicos que lle impiden manterse en pé. O seu destino era o sacrificio, pero un santuario para animais compostelán acolleuno.

Os seus xestores deseñaron e construíron para Lázaro varios aparellos que o axudan a camiñar.
Unha cadeira de rodas adaptada e unha estrutura metálica á que lle colocaron un arnés coas que o becerro, con axuda, pode exercitar as patas.

Os seus coidadores non perden a esperanza de que algún día poida camiñar polos seus propios medios e sen axuda.

Mentres, Lázaro é totalmente dependente do aparello que lle fabricaron os seus amigos humanos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/06/2019