CRTVG

Buscar

Laza vive o seu día grande do Entroido coa batalla de farrapos do luns borralleiro

Publicado o 04/03/2019 15:52

Ambiente case prebélico o que se respira nos arredores da praza da Picota intres antes de que comece a batalla de farrapos enlamados. Cómpre protexerse e protexer ben as ferramentas de traballo. E sen anuncio previo comeza a batalla. Unha catarse á que se entregan propios e estraños sen respecto ningún. Mozos, vellos e nenos, a farrapada do luns borralleiro de Laza non ten límites para o desbarre.

Este é só o comezo, a vaca Morena e as formigas agardan a entrar na praza pola tarde para pechar o día máis grande do Entroido máis anárquico.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/03/2019