CRTVG

Buscar

Un neno belga de 9 anos converterase na persoa máis nova en sacar unha carreira

Publicado o 21/11/2019 19:10

Laurent Simons é un neno belga de 9 anos que estuda Enxeñaría Eléctrica na Universidade Tecnolóxica de Eindhoven. Os seus profesores din que é "simplemente extraordinario". Ten pensado rematar a carreira en decembro e cursar un doutorado.

A súa nai asegura que se deron conta rapidamente de que o rapaz tiña "algo especial". Mesmo durante o embarazo.

Con todo, os seus pais queren que sexa feliz. E buscan atopar o equilibrio entre os estudos e o lecer. A diferenza doutros nenos da súa idade, Simon xa decidiu o que quere: desenvolver órganos artificiais tras estudar Medicina. Pero aínda ten tempo de xogar ao Fortnite e coidar do seu canciño Sammy.