CRTVG

Buscar

Laura Lamontagne e Pico Amperio: hip-hop, ritmos electrónicos e vangarda en homenaxe a Xela Arias

Publicado o 16/05/2021 22:37

Como cada ano o Consello da Cultura Galega homenaxea con música á protagonista do día das Letras galegas, este 2021 Xela Arias O concerto que se está celebrando desdes as oito e media no auditorio Mar de Vigo sería, segundo a organización, un evento musical de vangarda ao que asistiría a propia Xela.

Por iso nesta décimo primeira edición do concerto o que se oiu foi poesía e puro Hip-Hop mesturado con ritmos electrónicos da man de Laura Lamontagne e Pico Amperio. Mañá, 17 de maio, o día das Letras Galegas, a nosa segunda canle, a G2, retransmirá integramente este concerto.

Noticias web

16/05/2021