CRTVG

Buscar

Borrás di que non se poden desvincular os indultos da negociación dos presupostos

Publicado o 24/09/2020 08:22

A voceira de Junts per Catalunya no Congreso mostrou a súa sorpresa polo anuncio dos trámites para os indultos aos presos do procés e recoñece que non se poden desvinvular da negociación dos presupostos.

"Non imos poder desvincular ningún tipo de negociación que se faga co Goberno español coa situación que estamos vivindo. Pero tamén queremos ver cal é a proposta do Goberno español para Cataluña nos orzamentos. Son vías que non poden desvincularse pero que van totalmente en paralelo", dixo Laura Borrás.





 

Noticias web

24/09/2020