CRTVG

Buscar

Larouco, líder de Galicia en persoas inmunizadas, con case o 60 por cento dos veciños vacinados

Publicado o 26/04/2021 15:59

A provincia de Ourense lidera a listaxe dos concellos con máis porcentaxe de vacinados, e Larouco, sitúase o primeiro dese ranking, con preto do 60% dos seus veciños xa inmunizados.

Neste concello, cun censo de 446 veciños, xa 250 están inmunizados. Boa parte da poboación son xente maior e tamén hai unha porcentaxe de sanitarios e traballadores de residencias que xa recibiron tamén as súas doses da vacina. Unha situación que fai que non exista a día de hoxe ningún caso de covid activo. Despois deste concello, outros 18 máis da provincia de Ourense lideran eses primeiros postos desa listaxe con máis vacinados, case todos con preto da metade dos veciños inmunizados.

 

Noticias web

26/04/2021