CRTVG

Buscar

Lara Méndez: "Teño ganas de repetir e seguir co proxecto iniciado"

Publicado o 09/02/2018 10:27

No tempo da entrevista repasamos a actualidade política de Galicia, hoxe centrada en Lugo, coa súa alcaldesa Lara Méndez. 

Sobre a moción de censura

"A moción de censura está latente. Estamos gobernando en minoría". "Eu dixen que non ía deixar de traballar porque é a miña obriga". 

"O diálogo vai ser sempre unha constante, e así o fixemos". "Eu seguirei sentándome con todas as forzas para intentar chegar a acordos". 

"Negociei os orzamentos do 2017 con todas as forzas políticas para intentar chegar a un consenso. Como non foi posible, continuamos cos prorrogados do 2016". "Traballamos inmediatamento nos orzamentos do 2018 e conseguimos romper o teito de gasto". 

O futuro da alcaldía

"Teño ganas de repetir e seguir co proxecto iniciado". "Fomos quen de acadar 22 millóns de euros de fondos europeos e imos empezar a plasmar ese modelo de cidade que proxectamos no plan". "Executar un proxecto nun mandato é case imposible". 

As torres do Garañón

"As torres do Garañón non van quedar tal e como están hoxe. Creo que á inmensa maioría da cidade de Lugo lle gustaría tirar as torres. Eu como alcaldesa teño que garantir toda a legalidade do proceso". 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2018