CRTVG

Buscar

Lara Méndez dá o seu apoio á candidatura de González Formoso

Publicado o 05/10/2021 16:20

Lara Méndez é a primeira alcaldesa galega que amosa explicitamente o seu apoio ao presidente da Deputacion da Coruña despois de que Valentín González Formoso presentara candidatura para presidir os socialistas galegos.

Formoso, que fixo un percorrido polo San Froilán, loitará en primarias fronte a Caballero, o líder que busca a reelección e que hoxe mantivo un encontro co sindicato UXT para marcar folla de ruta común para reactivar a economía tras a pandemia.

Noticias web

05/10/2021