CRTVG

Buscar

Lanzan un proxecto para reducir as capturas accidentais de aves e o anisakis

Publicado o 31/01/2019 15:30

O descenso experimentado polas poboacións de aves mariñas está relacionado en moitos casos co sector pesqueiro. É o coñecido como captura incidental de aves.

Os segmentos da frota máis afectados son o palangre e o arrastre. Espantaves é un proxecto que dá resposta ás necesidades dun sector consciente desta problemática. O mesmo ten unha dobre vertente: impedir que as aves alcancen as artes de pesca e tamén reducir a presenza de anisakis nas especies comercializadas cun sistema de tratamento das vísceras abordo.

De momento, o proxecto está en fase de deseño. Agardan que este ano sexa o ano da súa implantación en moitos buques e que o mesmo chegue ao 25 % da frota galega.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/01/2019