CRTVG

Buscar

Land Rober, mellor programa das autonómicas para a Academia de Televisión

Publicado o 10/10/2017 18:23

A Academia Española de Televisión acaba de facer públicos hoxe os 19 Premios Iris, que anualmente distinguen os mellores programas das Autonómicas, nos que a Televisión de Galicia resultou galardoada, e que se suman aos recoñecementos das outras 12 categorías que se destacan entre as televisións xeralistas.

Así, con relación aos mellores programas autonómicos de 2016, sobre a TVG recaeu o Mellor Programa Autonómico por “Land Rober Tunai Show”.

Os premiados no apartado autonómico recibirán os galardóns durante a ceremoniade entrega dos décimo novenos Premios Iris da Academia de Televisión, o próximo 24 de outubro desde Kinépolis Ciudad de la Imagen, en Madrid. Esa mesma noite tamén se desvelarán os gañadores das outras 12 categorías, que se recollen cos votos dosacadémicos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2017