CRTVG

Buscar

15 marroquís detidos tras a chegada dunha barca á praia de Barbate

Publicado o 08/08/2019 09:43

Nas praias de Cádiz non ganan para sustos. Unha barca con inmigrantes chegou, ante a mirada dos bañistas, a un areal de Barbate. Estaban localizados pola Garda Civil dende o helicóptero.

Detiveron 15 persoas, todos de nacionalidade marroquí. O resto conseguiu fuxir correndo entre a xente ou camuflándose entre os veraneantes. Descoñécese o número de inmigrantes que ían realmente na embarcación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/08/2019