CRTVG

Buscar

Lalín prepárase para a súa primeira Feira do Cocido con recoñecemento internacional

Publicado o 05/02/2020 10:28

Á falta de menos de dúas semanas para a celebración da LII Feira do Cocido de Lalín, os negocios da comarca do Deza prepáranse para a súa festa máis importante. En concreto, tres restaurantes da vila lalinense xa levan dende o inicio da temporada, hai catro meses, servindo cocido todos os días a aqueles que sentan nas súas mesas. E de cara ás próximos semanas, as listas de reserva xa están completas.

A clave do éxito deste prato no restaurante Cabanas é facer o cocido do xeito máis tradicional posible. Respectar os lentos tempos de cocción ou empregar pranchas de ferro son algúns dos pasos a seguir. E, por suposto, utilizar produto de calidade.

Os propios hostaleiros din que a tendencia dos últimos anos é aumentar o número de asistentes en cada nova edición da Feira do Cocido. Ademais, hai uns días confirmábase o recoñecemento desta célebre festividade como a primeira Festa de Interese Turístico Internacional de España na categoría gastronómica, polo que prevén que a afluencia siga crecendo. Algo que comprobarán o vindeiro domingo 16.

Noticias web

05/02/2020