Zigzag Diario
Laiovento edita unha singular historia da arte da mestra Antía Cal
Publicado o 19/02/2018 17:00
Un casual descubrimento sacou á luz nunha caixa de zapatos un libro escrito nos anos cincuenta pola pedagoga Antía Cal e o oftalmólogo Antón Beiras.
'O arte e a súa historia' quería ser un compendio da arte galega para os alumnos e tamén para os seus os fillos.
Antía Cal é tamen a protagonista do documental 'A palabra xusta', que esta semana se pode ver en distintos cines de Galicia.