CRTVG

Buscar

Alertan da presenza de ladróns que se fan pasar por revisores do gas en Vigo

Publicado o 07/12/2017 09:00

Alerta da Policía Nacional de Vigo: andan por aí ladróns facéndose pasar por revisores do gas ou empregados do catastro. Avisan ademais de que están aumentando este tipo de roubos. Os estafadores acoden sobre todo a negocios ou vivendas de persoas maiores. Así que insisten: xa non queda ningunha administración que teña cobradores recollendo cartos en metálico polos pisos.

Achéganse ás vivendas dicindo que son revisores de gas, de electricidade ou do castastro, esixindo un pago en metálico, que hoxe en día xa ningunha administración fai nos pisos.

Van sobre todo pola xente maior, máis vulnerable. Nalgunhas ocasións coa excusa dunha comprobación técnica, dinlle á persoa que quede nun cuarto mentres lle desvalixan toda a casa.

Ás veces fan dúas visitas, na inicial coñecen a vivenda ou establecemento e na segunda visita xa cometen a estafa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2017