Laborioso rescate dun camioneiro accidentado en Madrid
Publicado o 14/04/2021 08:32

Unha colisión por alcance entre varios vehículos na circunvalación de Madrid mobilizou tres dotacións de bombeiros para rescatar un camioneiro. Un volquete que transportaba entullo tivo unha saída da vía, bateu contra a protección metálica e acabou coa cabina moi deformada.
O camioneiro estivo atrapado polas pernas durante máis dunha hora ata que os bombeiros o deron rescatado. Para iso tiveron que separar e cortar por completo a cabina. A vítima, un home de 22 anos sufriu fractura da perna dereita e outras lesións no brazo dereito.
Debido ao accidente e aos traballos dos bombeiros, o tráfico pola M-4O rexistrou retencións grandes.