CRTVG

Buscar

Laboriosa intervención dos bombeiros do Eume nun alpendre con leña en Neda

Publicado o 13/02/2019 14:38

En Neda, un incendio por causas descoñecidas calcinou un alpendre de máis de corenta metros cadrados en que o propietario gardaba unha morea de leña.

Unha veciña, ao escoitar o estourido das uralitas da cuberta, foi quen alertou o propietario e os servizos de urxencias.

Esta mañá, o propietario afanábase na limpeza do alpendre que quedou completamente calcinado, agás as paredes porque son de pedra.

Foi unha veciña que, ao escoitar o estoupido das uralitas da cuberta deste alpendre do lugar de Riocobo, na parroquia de Anca, en Neda, alertou o propietario que tamén vive a escasos metros de onde se orixinou o lume.

Ninguén se explica que foi o que puido pasar. Cren que se non interviñesen con rapidez, as lapas espallaríanse a estoutras vivendas, todas elas deshabitadas.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2019