CRTVG

Buscar

La Granja clama pola fin da violencia machista: "Nin unha máis"

Publicado o 16/08/2020 15:58

Máis de 500 persoas acudiron hoxe na localidade segoviana de La Granja á concentración de repulsa pola morte da muller asasinada este sábado, presuntamente pola súa exparella.

Tras gardaren un minuto de silencio, os asistentes romperon nun prolongado aplauso, ao tempo que berraban que "Nin unha máis".

Todos os veciños e os representantes políticos, expresaron o seu pesar pola morte de Alina, unha muller de 37 anos, nai dunha filla de 16 anos, que onte recibiu varias coiteladas, presuntamente de mans da súa exparella, tras unha forte discusión na rúa. Posteriormente, o agresor autolesionouse e faleceu horas despois no hospital de Segovia.

Hoxe, todos os seus veciños lembrárona e expresaron a súa repulsa pola violencia contra as mulleres.

Noticias web

16/08/2020