CRTVG

Buscar

La Caixa eleva a 10,5 millóns a obra social en Galicia

Publicado o 04/09/2019 15:23

A fundación bancaria La Caixa destina este ano 10 millóns e medio de euros a obra social en Galicia. O presidente da Xunta e Isidro Fainé asinaron hai uns minutos en Santiago o protocolo que compromete a entidade financeira na colaboración para mellorar as condicións de vida de nenos e persoas maiores en situación vulnerable, así como dos colectivos con necesidades especiais.

A fundación financia algúns programas de vivenda social e de inserción laboral dos grupos con especial dificultade para encontraren traballo. Este mesmo ano La Caixa vai asinar un segundo convenio coa Xunta para participar tamén nas iniciativas do Xacobeo 2021.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/09/2019