CRTVG

Buscar

Kravic lidera a vitoria do Obradoiro en Manresa (79-85)

Publicado o 16/11/2019 21:19

Esta é unha vitoria que ben merece unha aperta. Foi a terceira da temporada e en cancha dun rival directo. Os galegos comezaron ben e da man dun efectivo Daum mandaban -mediado o segundo cuarto- por 13. Pero Manresa subiu a agresividade e reaccionou. Comezou a funcionar Toolson e a evidenciarse os desaxustes defensivos do Obra. Ao paso polo intermedio, Manresa xa gañaba por un. 42-41.

Á volta a diferenza subiu aos oito, pero nos últimos minutos deste terceiro cuarto Obradoiro deu un paso adiante e coa achega de Álex Font e de De Zeuw equilibrou o choque. Así chegaron ao capítulo final. Cando faltaban sete minutos o marcador indicaba empate a 68 e, neses intres, nos decisivos, foi importante o traballo de Cerápovic e cruciais as prestacións de Kravic.

Un xogador de dimensión estratosférica para un proxecto modesto como Obradoiro. Nove puntos de Kravic nos minutos finais. En total, 20 e seis rebotes. 79-85, resultado final. Vitoria tan importante como traballada do Obra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/11/2019