CRTVG

Buscar

Koval e Schar lesiónanse na volta aos adestramentos tras a derrota ante o Betis

Publicado o 13/02/2018 22:24

Tras perder onte co Betis en Riazor, os coruñeses adestráronse esta tarde en Abegondo. A sesión rematou con dous lesionados. Koval abandonouna afectado por un golpe nun dedo da man esquerda. Fabian Schär tamén se retirou antes de tempo por mor dunha contusión. O conxunto, arestora penúltimo na táboa, traballa coa mirada posta no seguinte compromiso de liga. Visita Mendizorroza o sábado. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2018