CRTVG

Buscar

Koundé e Rakitic outórganlle ao Sevilla vantanxe para a volta no Camp Nou (2-0)

Publicado o 10/02/2021 23:01
Koundé e Rakitic outórganlle ao Sevilla vantanxe para a volta no Camp Nou (2-0)

Un gol do francés Jules Koundé na primeira parte e outro do croata Iván Rakitic na segunda danlle vantaxe ao Sevilla (2-0) na ida da semifinal da Copa do Rei de fútbol que disputou este mércores no estadio Ramón Sánchez Pizjuán ante o Barcelona, que agora terá que loitar na volta do Camp Nou para remontar a eliminatoria.

Tivo o arxentino Leo Messi o 0-1 aos once minutos despois dun gran pase do francés Antoine Griezmann, pero o meta sevillista, o marroquí Yassine Bono, evitouno ao sacar unha perna milagrosa. Poucos minutos despois chegou a réplica do Sevilla nun intento de Koundé, sumado constantemente ao ataque, tras un pase de Suso Fernández, pero o balón fóiselle fóra por pouco, aínda que aos vinte e cinco minutos o central galo foise de varios contrarios e bateu o porteiro alemán Marc-André Ter Stegen na súa saída cun remate por baixo e cruzado.

Na segunda parte, o Barcelona saíu moito máis intenso en busca do empate e gozou de opcións para conseguilo, pero foi o exazulgrá Rakitic o que, nunha contra, puxo o 2-0 xa na recta final do partido, aínda que o equipo visitante tentou atopar ese gol que lle dese máis vida para o volta pero non o conseguiu.