CRTVG

Buscar

Kostas Vasileaidis renova contrato co Monbus Obradoiro por un ano máis

Publicado o 17/07/2019 19:39
Kostas Vasileaidis renova contrato co Monbus Obradoiro por un ano máis
O Monbus Obradoiro anunciou este mércores a renovación do aleiro grego Kostas Vasileaidis por unha tempada máis, ata xuño de 2020.
"O mellor para min era seguir no Obradoiro. É a miña casa, por iso estou moi feliz e ilusionado coa nova tempada. Teño moitas ganas de empezar, axudar ao equipo e facelo o mellor posible".
Na súa terceira etapa en Santiago, o xogador heleno promediou 13,9 puntos, 2,2 rebotes e 2,0 asistencias en 22,7 minutos (31 partidos), sendo ademais o mellor triplista da pasada Liga Endesa cunha porcentaxe do 38,9 por cento.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí