Koné, convencido de que hai equipo para saír do descenso
Os xogadores do Deportivo son conscientes de que a mellora no xogo e nos resultados pasa por gañar os duelos individuais contra os rivais e enchufarse no partido antes de que o contrario faga dano.
"Hai equipo para sacar esta situación adiante. Iso pasar por gañar esta semana. Oxalá que consigamos os tres puntos aquí", declarou Koné.
Tras a súa recuperación, Koné participou nas dúas accións máis destacadas dos dous últimos partidos: asistencia en Santander e gol en Fuenlabrada.
"Agora estamos encaixando poucos goles, pero temos difilcutades para crear, para facer xogada. Apenas nos dura o balón e sabemos que temos que traballalo. Imos facelo para que isto cambie tamén", admitiu o dianteiro africano.
En Fuenlabrada, unha das consignas de Luis César era arredar o balón da área de Dani Giménez. Fútbol directo como proposta diferente ao visto ata o de agora.
"Viñamos de encaixar en moitos partidos. Canto menos estivese o balón na nosa portería víñanos ben. Creáronnos unha soa ocasión de gol", asegurou Koné.
Luis César puido contar xa con Somma. O central italiano incorporouse ao traballo de grupo.