CRTVG

Buscar

Kevin Vázquez xa está á disposición de Coudet

Publicado o 11/01/2021 13:17
Kevin Vázquez xa está á disposición de Coudet

 A semana comeza cunha boa nova para o Celta. O lateral celeste Kevin Vázquez superou a lesión que sufriu hai uns meses, unha rotura fibrilar no xemelgo interno da perna esquerda, e recibiu a alta médica.

Kevin estará, polo tanto, dispoñible para o partido do mércores da semana próxima ante o Betis en Sevilla.