CRTVG

Buscar

Kevin Vázquez debulla o partido que lle pode presentar Osasuna ao Celta

Publicado o 19/08/2021 15:40

O Celta vai pechar a 2ª xornada de liga co encontro que o luns vai disputar no Sadar. Un campo onde os celestes levan 7 anos sen gañar.

Pero a mentalidade do equipo é boa. Hai convicción de poder derrotar a Osasuna. Da derrota ante o Atlético, os celestes tentan rescatar as cousas positivas. No adestramento desta mañá Miguel Baeza sufriu unha escordadura de nocello. A gran novidade no once será Kevin Vázquez, que ocupará o lateral deteiro en lugar do sancionado Hugo Mallo.

"Dominan moito os segundos balóns. Hai que saber xogar eses partidos", dixo Kevin sobre o próximo rival.

Kevin tamén falou sobre o tema da polémica con Denis Suárez e a axencia de representación vetada polo presidente Carlos Mouriño: "O que pasa fóra non nos importa. Estamos tranquilos. Denis está ben". 

Noticias web

19/08/2021