CRTVG

Buscar

Kevin Presa é a sexta fichaxe do Rácing de Ferrol para a vindeira temporada na Primeira Federación

Publicado o 30/06/2021 14:43

O mediocentro de Ponteareas volve a Galicia despois do seu paso polo Cornellá. Deixou un gran recordo en Pasarón, saíndo da canteira pontevedresa e marcando un dos goles do partido contra o Haro Deportivo, co que os granates retornaban á xa extinguida Segunda B.

Este ano xogou como lateral nas eliminatorias de Copa do Rei contra o Atlético e o Barça, polas innumerábeis baixas dos cataláns.

Noticias web

30/06/2021