CRTVG

Buscar

Kevin ou Hugo Mallo, a grande incógnita do once de Escribá está no lateral dereito

Publicado o 12/09/2019 18:01

Imos a Vigo. Último adestramento de Iago Aspas preparando a visita a Land Rober. Aínda que os protagonistas da sesión son Kevin e o capitán Hugo Mallo. Quen será o lateral dereito do Celta o domingo ante o Granada? Kevin xogou os tres partidos. Mallo está recuperado.

Non era unha tarefa doada substituír a Hugo Mallo ante rivais como Real Madrid, Valencia e Sevilla, pero Kevin estivo á altura. E así o recoñecía o propio capitán. Recuperouse Hugo Mallo, pero Kevin non dá nada por feito.

Disposto a asumir o reto e tamén a responsabilidade de cumprir coas expectativas da afección neste Celta de canteiráns.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2019