Keko Gontán: "Chegaremos ben fisicamente, pero non tanto como equipo"
Publicado o 27/05/2020 17:33
Pregúntase Keko Gontán como chegará o Deportivo como equipo ao final de liga.
Seis semanas de traballo concentradas en quince días, vai aparecendo o fútbol en Abegondo, hai goles. Os xogadores comezan a divertirse.
Hai situacións reais de partido, finalizacións, quen segue a un nivel alto é Dani Giménez, pero no vestiario está a incógnita da resposta do equipo. Fisicamente ben, pero como equipo, non tanto.