CRTVG

Buscar

Karim Khan, novo fiscal xeral da Corte Penal Internacional

Publicado o 13/02/2021 00:20
Karim Khan, novo fiscal xeral da Corte Penal Internacional

Karim Khan

O británico Karim Khan foi designado novo fiscal xeral da Corte Penal Internacional. Tomará posesión a mediados de ano, cando expire o mandato de Fatou Bensouda, que leva nove anos no cargo. Khan impúxose a outros tres candidatos, entre os que estaba o español Carlos Castresana, que obtivo cinco votos. O proceso de elección realizouse por videoconferencia e amosou as discrepancias entre os 123 estados membros do Estatuto de Roma. Finalmente, a elección dirimiuse cun voto secreto. Khan será o terceiro en ocupar o cargo na historia deste organismo, con sede na Haia. Na actualidade era asesor do secretario xeral da ONU, Antonio Guterres.